Ars conjectandi
Ars conjectandi
Obra póstuma de Jakob Bernoull publicada en Basilea en 1713. Contén unha reedición comentada da obra de Christian Huygens sobre xogos de azar, na que se enuncia o teorema que leva o seu nome. Este teorema demostra que aumentando considerablemente o número de observacións se pode conseguir calquera aproximación prefixada. Esta obra, preludio do teorema dos grandes números de Čebyšov, foi unha contribución importantísima para a teoría da probabilidade.