ars antiqua*
Primeiro período da escola polifónica occidental (ss XII e XIII). Na Antigüidade xa se empregaba unha notación mensural, case exclusivamente a base de fórmulas ternarias. A necesidade de atribuír a cada nota un valor definido foi a orixe da música mensural. O conxunto de melodías conservadas actualmente co nome de canto gregoriano foi homófono ata finais do s IX, cando adoptou un tipo de diafonía denominada organum; non foi ata o s XI cando xurdiu o principio da verdadeira polifonía. O condutus, ao liberar a polifonía do repertorio litúrxico, permitiu a súa expansión. O motete xa obedece estritamente aos modos ternarios. As obras polifónicas da ars antiqua son xeralmente anónimas. Os teóricos principais deste período son Xoán de Garlandia e Francón de Colonia.