arsenal
arsenal
(< ital arsenale)
-
s
m
[BÉL]
Depósito de armas e municións.
Ex: Naquel piso franco apareceu un arsenal clandestino.
-
s
m
[BÉL]
Establecemento marítimo militar, situado nun porto, que consta de estaleiros, talleres e almacéns nos que se constrúen, reparan e equipan barcos de guerra, así como os seus aparellos, provisións e armamento. Está instalado en posicións estratéxicas e normalmente forma parte dunha base naval.
Ex: O militar está destinado no arsenal de Ferrol.
-
s
m
Conxunto numeroso de cousas.
Ex: Tiña preparado un arsenal de preguntas.