arseniato
arseniato
(< arsénico)
s
m
[QUÍM]
Calquera sal do ácido arsénico. Coñécense tres tipos: M<H>I</H>H2AsO4, M<H>I</H>2HAsO4 e M<H>I</H>3AsO4 que son os sales mono-, di- e trimetálicos, que se obteñen por oxidación dos arsenitos. Todos os arseniatos son extremadamente tóxicos. Empréganse na industria, especialmente na estampación de tecidos, en medicina veterinaria e en agricultura como insecticidas.