artrópodo
(< artro- + grποδός ‘pé’)
-
s
m
[ANIMAL]
Individuo do grupo dos artrópodos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Filo maioritario que abrangue as tres cuartas partes da totalidade dos animais. Caracterízanse por ser celomados protóstomos, de simetría bilateral co corpo metamérico e dividido en cabeza e tronco; en cabeza, tórax e abdome ou en cefalotórax e abdome. Os apéndices son articulados, presentes orixinariamente en pares por cada metámero; algúns poden desaparecer e outros, como os do complexo bucal, poden modificarse para funcións especializadas. O exoesqueleto é cuticular con quitina e, nas formas mariñas, frecuentemente con carbonato cálcico; a rixidez que lles outorga condiciona o crecemento a unha serie de mudas periódicas. O sistema muscular baséase en músculos estriados ou lisos fixados a dobramentos internos do exoesqueleto, denominados apodemas, que compoñen o endosqueleto. O sistema circulatorio é aberto cun corazón contractil dorsal. A respiración realízase pola superficie do corpo, mediante branquias, traqueas ou pulmóns en libro. As glándulas excretoras son pares e denomínanse glándulas coxais, antenais, maxilares ou tubos de Malpighi. O sistema nervioso presenta un cerebro dorsal conectado por un anel arredor do esófago a unha dobre cadea nerviosa de ganglios ventrais con órganos sensoriais ben desenvolvidos como antenas, sedas sensoriais, ocelos e ollos compostos. Os sexos preséntanse normalmente separados, con órganos reprodutores pares e condutos polo xeral con fecundación interna. Son ovíparos, ovovivíparos ou partenoxenéticos. O tamaño pode variar dende 0,1 mm de certos ácaros ata 4 m que acada, incluíndo as patas, un caranguexo mariño asiático. Principalmente son fitófagos e aparecen en calquera ambiente. Neste filo, que aparece no período Precámbrico, distínguense catro subfilos: os extintos trilobites, os quelicerados (merostomados, picnogónidos, arácnidos), os crustáceos e os unirrámeos (diplópodos, quilópodos, paurópodos, sínfilos e os insectos).