Artur

Artur
[ONOM]

Antropónimo de orixe discutida. Relacionouse con palabras celtas como artos ‘oso’ ou art ‘pedra’; outros estudiosos apuntan unha orixe latina no nome dunha gens chamada Artorius, Arctorius ou Arcturius. Como antropónimo presenta a variante Arturo. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.