ascaridíase
ascaridíase
(
-
s
f
[PAT]
Doenza parasitaria causada na especie humana pola ascáride da especie Ascaris lumbricoides, un verme nematodo grande e cilíndrico semellante a unha miñoca, que pode chegar aos 45 cm de longo. As manifestacións clínicas prodúcense pola migración das larvas ao pulmón, onde ocasionan unha pneumonite ou síndrome de Loeffler, e pola presencia de vermes adultos nos intestinos.
-
s
f
[VETER]
Doenza parasitaria ocasionada polas diferentes especies de ascárides. No porco, por exemplo, maniféstase por unha irritación da mucosa pulmonar que produce accesos de tose violentos acompañados de sufocacións.