Aschaffenburgo

Aschaffenburgo

Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main (63.600 h [1990]). Centro industrial (confección de roupa de home, tractores, produtos químicos). Destaca o seu castelo, orixinalmente romano, reconstruído (1605-1614) por Georg Riedinger, mostra importante da influencia renacentista francesa. Antiga cidade dos alamanos (Civitas Ascapha), dende o s X ata 1803 pertenceu ao arcebispado de Maguncia. A causa da súa participación nas revoltas campesiñas foi desposuída dos seus privilexios en 1525. En 1803 converteuse en capital do principado instituído a favor do príncipe primado da Confederación do Rin, Carles Teodor von Dalberg. En 1815 incorporouse a Baviera e en 1866 foi escenario dunha vitoria prusiana sobre os aliados dos austríacos na guerra austro-prusiana.