Ascoli, Graziadio Isaia
Ascoli, Graziadio Isaia
Lingüista e filólogo italiano, introdutor do Comparatismo no seu país e un dos grandes indoeuropeístas e romanistas do s XIX. Autodidacta. A primeira parte da súa carreira estivo consagrada ao indoeuropeo, e a segunda ao románico e ao celta. A teoría do consonantismo indoeuropeo é, en gran parte, obra súa. O segundo período da súa investigación iniciouse no 1873, coa fundación da revista Archivio Glottologico Italiano que dirixiu ata 1901. Por mor do seu interese céltico, centrou moitos dos seus estudios na teoría do substrato en boa medida formulada por el; así mesmo realizou a edición de textos célticos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gorizia -
Deceso
Lugar : Milán