asentar

asentar

(< lat *adsedentare)

  1. v t

    Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

    Ex: Quero que asentes a estatua sobre o seu pedestal.

    Sinónimos: sentar.
  2. v t

    Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

    Ex: Asentei os comentarios que realizou na conferencia. Asentei os derradeiros datos do IVE do ano 1999 no libro de contas.

  3. v t

    Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

    Ex: Aínda non asentou a súa filla no rexistro civil.

    Sinónimos: inscribir, rexistrar.
  4. v t

    Facer coincidir unha cousa coa outra.

    Ex: O mecánico asenta todas as pezas do vehículo.

  5. v t

    Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

    Ex: O carniceiro asentou ben o coitelo para poder cortar as costeletas.

  6. v t

    Dar firmeza a algunha cousa.

    Ex: Tendes que seguir estudiando para asentar mellor os coñecementos.

  7. v t

    Confirmar e xustificar algunha cousa con argumentos, probas ou razoamentos.

    Ex: Asentou a súa erudición con datos actualizados.

    Sinónimos: apoiar, basear, fundar.
  8. v t [CONSTR]

    Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

    Ex: Temos o albanel na casa asentando unha parede na adega.

  9. v t [PINT]

    Pór calquera pasta pictórica ou de cor enriba dun soporte (superficie preparada para pintar) mediante un pincel, unha espátula, un rolo, etc.

  10. v i

    Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

    Ex: Non sei se a mesa asentará ben no chan de pedra.

  11. v i

    olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

    Ex: O viño novo aínda non tivo tempo para asentar.

  12. v i

    Facer ou non facer proveito ao corpo algunha cousa.

    Ex: Os licores aséntanme mal.

    Sinónimos: prestar, sentar.
  13. v i

    Quedar ben unha cousa en alguén.

    Ex: A cor verde aséntache ben.

    Sinónimos: sentar.
  14. v pron

    Basearse nalgunha cousa.

    Ex: A Colexiata do Sar aséntase en terreos moi firmes.

    Sinónimos: descansar.
  15. v pron

    Establecerse nunha poboación ou nun lugar.

  16. v pron

    Ter algunha cousa o seu fundamento noutra.

    Ex: O seu enfado aséntase en razóns ben sólidas, así que non tires máis del.

Frases feitas

  • Asentar a cabeza. Ter xuízo, sentido común, entendemento.

  • Asentar as pedras. Colocalas correctamente.

  • Asentar o pé. Fixarse ben onde se pisa.

  • Asentarlle a un as costuras/o pelo. Recibir un castigo ou pegarlle a alguén.

  • Asentarse o tempo. Cambiarse, o tempo, de tempestuoso, variable, en bo, fixo.

Palabras veciñas

asentadoiro | asentador | asentamento | asentar | asente | asentimento | asentir
Conxugar
VERBO asentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asento
asentas
asenta
asentamos
asentades
asentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentaba
asentabas
asentaba
asentabamos
asentabades
asentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentei
asentaches
asentou
asentamos
asentastes
asentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentara
asentaras
asentara
asentaramos
asentarades
asentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentarei
asentarás
asentará
asentaremos
asentaredes
asentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentaría
asentarías
asentaría
asentariamos
asentariades
asentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asente
asentes
asente
asentemos
asentedes
asenten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentase
asentases
asentase
asentasemos
asentasedes
asentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentar
asentares
asentar
asentarmos
asentardes
asentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
asenta
-
-
asentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asentar
asentares
asentar
asentarmos
asentardes
asentaren
Xerundio asentando
Participio asentado
asentada
asentados
asentadas