asente
(< lat absinthĭu < gr ἀπσίνϴιον)
-
s
m
[PLANTA]
Herba perenne, de talos erectos de ata 90 cm de altura, pubescentes, moi ramificados, con follas bipinnatisectas, dun verde esbrancuxado, e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. En Galicia atópase como especie naturalizada no L do país, en terreos pedregosos e incultos. Emprégase como tónico estomacal e como vermífugo, e con el elabórase o licor do mesmo nome.
Sinónimos: absintio. Confrontacións: artemisa. -
s
m
[ALIM]
Bebida alcohólica, de 50 a 60 graos, de cor verde clara obtida por destilación da mestura da maceración das follas do asente (Artemisia absinthium) con anís e outras herbas. Foi prohibida por producir nos seus consumidores absentismo, intoxicación similar ao alcoholismo e outros efectos secundarios como perda de memoria, alucinacións, etc.