1 asento

1 asento

(

  1. asente.

  2. s m

    Acción e efecto de asentar ou asentarse.

  3. s m

    Calquera superficie ou moble que serve para sentar.

    Ex: Non me resultan cómodos os asentos deste autobús.

    Sinónimos: asentadoiro.
  4. s m

    Lugar ocupado por alguén que está sentado.

    Ex: Fomos ver o partido e cando chegamos xa case non había asentos.

    Sinónimos: praza.
  5. s m

    Depósito das partículas suspendidas nun líquido.

    Ex: Este viño deixa moito asento.

    Sinónimos: pouso.
  6. s m

    Interrupción dalgunha actividade.

    Ex: Estivemos traballando toda a tarde aínda que fixemos un pequeno asento ás sete.

    Sinónimos: descanso, repouso.
  7. s m

    Bo entedemento para falar ou actuar unha persoa.

    Ex: Non conduce con présa porque é unha rapaza con moito asento.

    Sinónimos: asentamento, siso, xuízo.
  8. s m [CONSTR]
    1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.

    2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.

    3. Descenso dos materiais dun edificio por maior unión ou compactividade, causada polo peso duns sobre os outros.

  9. s m [DER]
    1. Inscrición ou anotación de datos no libro dun rexistro.

    2. Contrato de fornecemento de exércitos, asilos, etc.

    3. Tratado ou axuste de paces.

  10. s m [HIST/ECON]
    1. Contrato establecido entre a monarquía hispánica e particulares, polo que aquela outorgaba en arrendamento por un tempo estipulado o monopolio dunha explotación comercial relacionada coas colonias americanas. Os asentos constituíron unha práctica frecuente no sistema hispánico de explotación colonial, aplicándose tanto a produtos de consumo (tabaco, bebidas, alimentos diversos, etc) como aos de explotación mineira. A partir do 1517 o Rei outorgou licencias, primeiro a particulares hispanos e posteriormente sempre a estranxeiros: preferentemente flamengos e alemáns e, máis tarde, xenoveses e portugueses; os particulares e as compañías de nacionalidade portuguesa e holandesa foron os que obtiveron mellores beneficios no sistema de explotación por asentos. Finalizado o s XVI, a Coroa converteu o monopolio nun servizo público delegado a algunha entidade mercantil, polo que a contrata de asentos, sobre todo do denominado asento de negros, deu lugar a auténticos acordos internacionais con compañías mercantís. O asento de negros (introdución de man de obra escrava nas colonias americanas) foi o asento máis importante, reservándose a Coroa o seu monopolio coa intención de regulamentar a importación de man de obra escrava e de obter cuantiosos beneficios económicos que espertaron a cobiza británica, ata o punto de forzar a súa adxudicación pola Coroa Hispánica na Paz de Utrecht (1713). O monopolio da trata escravista serviu en realidade como pretexto para introducir nas Américas todo tipo de mercadorías británicas por vieiros que escapaban a calquera fiscalización das autoridades coloniais hispánicas. Ata o ano 1750, España non conseguiu a renuncia de Gran Bretaña aos dereitos de asento. O asento de negros desapareceron durante a segunda metade do s XVIII, cando se liberou o comercio de escravos negros.

    2. FRAS: Facer/ter bo/mal asento. Ter boa ou mala disposición para estar asentado.

      Contrato para o préstamo de diñeiro que os monarcas da casa de Austria establecían cos seus banqueiros (alemáns, austríacos, flamengos e xenoveses polo xeral), fundamentalmente para o financiamento da súa política internacional. Os contratos explicitaban o nome dos interesados, o lugar de pagamento, a moeda a empregar, a taxa de cambio, a de interese e os sistemas de reembolso que se facía xeralmente en Castela por unhas consignacións sobre rendas públicas ou sobre os cargamentos americanos.

Frases feitas

  • Facer/ter bo/mal asento. Ter boa ou mala disposición para estar asentado. Ex: Non puido subir ao tellado porque a escada non tiña bo asento e podía caer.

  • Non quentar o asento. Durar pouco tempo no mesmo posto de traballo.

  • Pegárselle o asento a alguén. Permanecer moito tempo nalgún lugar.

  • Ser cu de mal asento. Non parar quieto.

Formas incorrectas

asiento

Palabras veciñas

asente | asentimento | asentir | 1 asento | 1 asento | 2 asento | asenxo