asfixia

asfixia

(< gr ἀσϕυξία‘sen pulso’)

  1. s f

    Dificultade para respirar.

    Ex: O fume do incendio provocoulle asfixia.

    Sinónimos: abafo, acoramento, acoro, afogamento, afogo, atafego, sufocación.
  2. s f [PAT]

    Suspensión da función respiratoria dun organismo por causas mecánicas ou pola alteración da hematose. Leva á anoxia dos tecidos. Os obstáculos mecánicos poden ser accidentais ou patolóxicos (edema da larinxe, membranas da difteria, parálise dos músculos respiratorios e lesións no núcleo respiratorio cerebral). No aspecto de alteración da hematose cómpre mencionar a asfixia por falta de osíxeno e a producida polos gases tóxicos ou bloqueadores da actividade hemoglobínica (gas de hulla, gas butano, monóxido de carbono, etc).

  3. s f [BOT]

    Debilitamento dos vexetais por falta de osíxeno, particularmente en solos encharcados.

Palabras veciñas

Asfeld, marqués de | asférico -ca | asfigmia | asfixia | asfixiante | asfixiar | asfódelo