Ashby, Hal
Ashby, Hal
Realizador e técnico cinematográfico norteamericano. Experto na técnica da montaxe. En 1967 obtivo un Óscar e tres anos despois dirixiu o seu primeiro filme. Tratou o tema das relacións entre brancos e negros, entre mulleres maiores e homes máis novos, a Guerra do Vietnam e outros argumentos cheos de polémica. Dirixiu The landlord (Amor sen barreiras, 1970), The last detail (A última misión, 1972), Shampoo (1975), Coming Home (Regresando ao fogar, 1978), Good bye, Mister Chance (Adeus, señor Chance, 1980), Second-hand hearts (1981), Slugger’s wife (A muller de Slugger, 1985) e Eight million ways to die (Oito millóns de camiños para morrer, 1986).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ogden, Utah -
Deceso
Lugar : Malibú, California