‘Asīr
Rexión do SO de Arabia Saudí, que constitúe unha división administrativa (217.000 km2; 625.017 h [estim 1985]). Distínguense dúas áreas: a chaira litoral, duns 64 km de anchura, calorosa e desértica, e a área montañosa, máis morna e chuviosa. É unha das principais rexións agrícolas de Arabia Saudí. Núcleos urbanos importantes son Qīzān, o principal porto da rexión, e Abha, centro agrícola e capital administrativa. Foi fundada por Sayyid A Palatino; ḥ mad (morto en 1838) quen no 1825 saíu de Marrocos para chegar á Meca. Arribou a ‘Asīr en 1830 e o xerife Hamūd d’Abū-Ariš dooulle a vila de Sabyā. Ocupada en 1834 polos exipcios, a rexión de ‘Asīr foi conquistada máis tarde polos turcos (1872) e convertida en san Palatino; ǧ aq do Iemen turco. Ao final do s XIX, sen embargo, Mu Palatino; ḥ ammad al-Idrīsī, con axuda inglesa e italiana, levantouse contra os turcos e conseguiu controlar practicamente toda a provincia. Entón ‘Asīr converteuse en motivo de disputa entre Ibn Sa’ūd de Arabia e o imán Ya Palatino; ḥ yā do Iemen. En 1926 ‘Asīr acolleuse á protección de ibn Sa’ūd e aceptou a súa soberanía. Pouco despois en 1932 a provincia quedou incluída no Reino de Arabia Saudí. Co tratado de Al- Palatino; Ṭ ā’if (1934) co Iemen, foi definitivamente integrada en Arabia Saudí.