asistente

asistente

(< asistir)

  1. adx

    Que asiste a un lugar.

    Ex: O público asistente ó acto aplaudiu ó homenaxeado.

  2. s

    Persoa que axuda ou socorre a alguén.

    Ex: Pediu axuda ó seu asistente para redactar a carta. Invitouse ós asistentes a un viño.

  3. [INFORM]
    1. s

      Aplicación informática que ten como misión axudar a empregar outra, facilitando a aprendizaxe das diferentes tarefas que esta realiza ou simplificando a súa configuración.

    2. asistente dixital

      Ordenador de moi pequeno tamaño que se pode utilizar como bloc de notas e axenda electrónica, e mesmo para enviar e recibir datos por unha rede de telecomunicacións. Coñécese tamén coas siglas PDA (Palm Digital Assistant).

  4. s [RELIX]
    1. En certas ordes relixiosas, o que asiste ao superior ou xeneral.

    2. Na consagración dun bispo, cada un dos dous bispos que asisten ao consagrante.

  5. [BÉL]

    Soldado destinado a servir a un oficial ou capitán.

  6. asistente social [SOCIOL]

    Persoa que exerce como profesión o traballo social. Inda que inicialmente o traballo dos asistentes sociais estaba destinado aos necesitados de recursos económicos ou necesitados de protección, o seu campo de actuación estendeuse a actividades de prevención de problemas sociais.

    Ex: Dende que quedou inválido vén unha asistente social polas mañás a axudalo.

Palabras veciñas

asistencia | asistencial | asistenta | asistente | asistir | asístole | asistolia