asociativo -va

asociativo -va

(< asociar)

  1. adx

    Que tende cara á asociación.

  2. propiedade asociativa [MAT]

    Propiedade en virtude da cal para operar tres números pódense asociar dous calquera e substituílos polo resultado da operación parcial deles e despois operar o resultado parcial co terceiro número sen que varíe o resultado final. A expresión formal da propiedade asociativa é: (a x b) x c = a x (b x c) multiplicación, (a + b) + c = a + (b + c) adición, (a * b) * c = a * (b * c) para unha operación abstracta representada co símbolo *.

  3. relacións asociativas [LING]

    Relacións, semánticas ou formais, que se producen entre os signos dunha lingua, de maneira que se enlazan formando grupos de representacións (Paul). Estas relacións contrapóñense a miúdo ás relacións sintagmáticas (Saussure) ou discursivas (Bally), que se producen entre os membros dunha mesma frase.

Palabras veciñas

asociado -da | asocial | asociar | asociativo -va | Aśoka | asolagador -ra | asolagamento