asquenasita

asquenasita

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos asquenasitas.

  2. s

    Individuo das familias xudías alemanas que dende o s XII se dispersaron cara a Europa do sur e do leste. No ss XV e XVI estendéronse aos países eslavos e bálticos e no s XIX aos EE UU. Os asquenasitas constitúen a meirande parte do pobo xudeu, aínda que foron as principais víctimas das matanzas nazis. Falan un dialecto alemán con elementos hebreos e eslavos, o jiddisch. O alcume de asquenasita (derivado de Aškĕnaz, epónimo dunha tribo descendente de Xafet incluída na “mesa dos pobos” da Xénese) utilízase desde a Idade Media.