ASPRONAGA

ASPRONAGA
Nome científico: [Asociación Protectora de Niños Anormales de Galicia]

Institución creada na Coruña en 1963 e declarada de utilidade pública en 1970. Pertencente á Federación Española de Asociaciones Protectoras de Subnormales, estivo presidida ao longo dos seus case trinta anos de pervivencia por Xaquín Menéndez-Ponte. Entre os seus obxectivos, cómpre citar: a promoción, protección e integración social e laboral do minusválido físico e psíquico, así como o mantemento do Centro de Educación Especial Nuestra Señora de Lourdes dedicado á atención de rapaces e mozos (entre seis e dezaoito anos) deficientes mentais, tanto dende o ámbito médico como pedagóxico ou lúdico.