Asplund, procedemento

Asplund, procedemento
[IND]

Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

Palabras veciñas

Asplenium | Asplund, Erik Gunnar | Asplund, Karl | Asplund, procedemento | aspre | ASPRONAGA | Aspropótamos