astronauta

astronauta

(

s [AERON]

Persoa que tripula unha astronave. É necesario que os astronautas sexan adestrados para aumentar a súa resistencia nun medio fisioloxicamente hostil (falta de gravidade e aceleracións, principalmente). Deben ir revestidos do chamado escafandro espacial, unha especie de habitáculo illado e impermeable construído ao redor do seu corpo.