Astureses, San Xulián de

Astureses, San Xulián de

Igrexa románica levantada pola orde do Temple no s XII. Trátase dun edificio sinxelo de planta basilical e cunha soa ábsida que aínda conserva elementos decorativos característicos do Románico. O tímpano da portada principal presenta molduras arredor dos dous arquiños, que no intradorso teñen decoración xeométrica. No centro do lintel pentagonal campa unha cruz de tipo arcebispal de dobre traveseiro e un segmento de círculo une os extremos do traveseiro maior. Este tipo de cruz é excepcional no Románico galego, documentándose outra en San Cibrán de Repostería (Palas de Rei). No interior consérvase un interesante exemplo de escultura funeraria do 1286. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29.3.1946.