asunto
(< lat assumptu ‘tomado’)
-
s
m
Cousa ou materia de certa importancia da que se está a falar ou tratar.
Ex: O asunto non é doado de explicar.
Sinónimos: tema. Confrontacións: caso, caso. -
s
m
Actividade na que se inviste traballo, atención ou tempo para sacar proveito dela.
Ex: Sabe Deus en que asuntos andará liado ese teu irmán! O asunto no que estamos metidos non vai ben.
Sinónimos: negocio. Confrontacións: trama. -
s
m
[LIT/ESPECT]
Tema ou argumento dunha obra.
Ex: O asunto desta representación é moralizante.
-
s
m
O que concerne a unha persoa de xeito especial.
Ex: Os meus asuntos privados só poden ser da miña incumbencia.
-
asuntos exteriores
[POLÍT]
Administración especializada nas relacións dun estado cos outros ou con institucións internacionais. En España foi creada en 1716 baixo a denominación de Secretaría de Estado para ocuparse dos asuntos estranxeiros, denominación que aínda se mantén nos EE UU.