caso
(
-
Municipio do Principado de Asturias, situado no alto val do río Nalón (2.118 h [1996]). A capital é Campo de Caso. A economía baséase nas minas de carbón, na agricultura de secaño e na gandería, sector que se complementa coa avicultura.
-
s
m
-
Calquera situación ou circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.
Ex: Sempre lle recomendou obrar segundo o caso. En moitos casos é mellor estar calado.
Sinónimos: circunstancia. -
Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.
Ex: Cando ían pola rúa, presenciaron un caso que os deixou coa boca aberta. Vouvos contar un caso que me aconteceu cando andei pola China.
Sinónimos: acontecemento, suceso. -
Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.
Ex: Nunca vira un caso tan claro de cinismo como o do delicuente. Na asociación temos casos claros de maltrato ós animais.
-
Cuestión ou asunto determinado.
Ex: O caso é resolver o problema.
-
-
s
m
[PATOL]
-
Cada manifestación particular dunha enfermidade. OBS: Tamén se emprega a expresión caso clínico.
Ex: A súa doenza é un caso raro de tuberculose.
-
Cada un dos enfermos que sofre unha doenza determinada.
Ex: Detectáronse dezaseis casos de salmonela.
-
-
s
m
[DER]
Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.
Ex: Perdeu o caso por falta de probas.
Sinónimos: preito. -
s
m
Feito investigado pola policía para tentar esclarecelo.
Ex: A policía anda pescudando para tentar esclarecer o caso do asasinato múltiple.
-
s
m
[LING]
Procedemento polo que unha lingua manifesta a función sintáctica que un constituínte nominal ten dentro da frase. A noción de caso transmitiuse a través dos gramáticos antigos que o consideraban como a categoría primordial do substantivo fronte ao verbo que non o admitía. Este termo procede do lat CASUS que se traduciu do grego πτῶσις (‘caída’). No indoeuropeo diferenciábase o caso directo, que incluía o nominativo (suxeito), e os casos oblicuos, que incluían o xenitivo (complemento afectado parcialmente pola acción do verbo), dativo (complemento indirecto), acusativo (complemento directo), ablativo (lugar de onde ou punto de partida), locativo (lugar onde) e instrumental (por ou con qué se realiza a acción do verbo). Aínda así, non todas as linguas indoeuropeas posuían o mesmo número de casos: o grego clásico só tiña cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo), mentres que o grego moderno perdeu o dativo; o latín tiña seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo); o sánscrito ten os mesmos seis casos e mais o instrumental e o locativo. As linguas deste tronco fundiron algúns casos por sincretismo, e algunhas, como as románicas -entre elas o galego-, substituíron a declinación casual (annōrum) por relacións preposicionais que seguen a marcar a función sintáctica (dos anos); polo tanto, produciuse o paso dunha lingua fundamentalmente sintética (o latín) a linguas fundamentalmente analíticas (as románicas). Aínda así, algúns gramáticos seguen a falar de casos nesas linguas: casos adverbais, que expresan a relación do substantivo cun verbo, e casos adnominais, que expresan relación cun substantivo ou pronome. Diacronicamente, o latín, substrato das linguas románicas, foi perdendo os casos; dende moi antigo o latín vulgar utilizou as preposicións nas construcións con acusativo e o dativo foi substituído sistematicamente pola preposición ad. Desta maneira no latín vulgar só había dous casos, nominativo e acusativo, que só se distinguían de maneira estable no plural da primeira (lat v MENS-AE, MENS-AS) e na segunda declinación (lat v DOMIN-I, DOMIN-OS). Non obstante , algunhas linguas modernas seguen a manter restos dos casos: o romanés conserva o dativo-xenitivo (doamne < lat DOMINAE) e o vocativo (doamne < lat DOMINE); o ruso moderno ten nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, vocativo, instrumental e preposicional; o checo ten nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo, locativo e instrumental; en alemán hai nominativo, xenitivo, dativo e acusativo; o inglés ten un só caso, xenitivo, denominado saxón; e en linguas como o galego existen restos de xenitivo nalgunhas expresións como forum iudicum e nalgunhas palabras como os nomes dos días da semana (martes, mércores, etc), do vocativo consérvanse algúns nomes propios como Santiuse
-
caso de consciencia
-
Acción ou feito concreto, real ou fiticio, arredor do cal xorden dúbidas sobre o comportamento que a persoa ten que adoptar conforme os principios de moralidade que profesa.
Ex: Confesou un caso de consciencia.
-
Situación que suscita na mente dunha persoa un deber moral.
Ex: É caso de conciencia axudar a ese pobre moribundo.
-
-
caso fortuíto
[DER]
Acontecemento imprevisible, ou previsto pero inevitable, que produce danos materiais ou corporais. Cando o acontecemento é previsto pero inevitable chámase tamén caso de forza maior. Tanto o caso fortuíto como o de forza maior utilízanse conxuntamente para xustificar a ausencia de responsabilidade.
-
casos reservados
[DER]
Pecados dos que non se pode ser absolto por un confesor ordinario.
Frases feitas
-
Caso perdido. Persoa ou situación que non ten remedio e da que non se pode tirar ningún proveito. Ex: É un caso perdido, pasa todo o día estomballado no sofá.
-
En último caso. Se non hai outro remedio.
-
Poñer/pór por caso. Dar como exemplo ou supoñer.
-
1 De todas as maneiras. Non sei se chegarei moi cedo; en todo caso, pregúntalle polo problema ao meu axudante.
-
2 Se acaso, se hai algunha dúbida. Non teño ningún libro específico sobre o tema; en todo caso, un artigo de principios de século.
-
Dado o caso. Suposto un feito determinado.
-
En calquera caso. Déanse as circunstancias que se dean, de todas as formas.
-
En caso de (que). Expresión hipotética que se di cando se supón que vai acontecer o que se expresa.
-
En ningún caso. En ningunha circunstancia.
-
En todo caso.
-
En todos os casos. En calquera circunstancia.
-
Estar no meu/teu/seu, etc, caso. Estar na mesma situación, real ou hipotética, que outra persoa.
-
Facer caso de/facer de caso que. Imaxinar ou recordar algo. Neste momento non fago caso de que o prenderan na guerra.
-
Facer caso omiso. Non ter en conta o que outros aconsellan.
-
Facer caso. Prestar atención ou ter en conta o que di outra persoa. Ex: Nunca lle fixo caso e así lle vai.
-
Facer tanto caso como ao vento. Non prestar ningunha atención ao que di outra persoa.
-
Falar ao caso. Dicir algo interesante respecto dun asunto do que se está a falar.
-
Ir ao caso. Centrarse nunha cuestión determinada.
-
Non haber caso. Non haber queixa.
-
Non ser do caso. Non vir a conto.
-
O caso é que. O que pasa é que, a verdade é que. Faríao, pero o caso é que non teño tempo.
-
Ser do caso/vir ao caso. Estar relacionado cun asunto determinado que se está a tratar e ser importante ou oportuno.
-
Ser un caso. Aplicado a unha persoa, ser distinta das demais, sobre todo polos seus defectos. Ex: Es un caso, sempre te esqueces de todo."