2 ata

2 ata

(<ár hatta)

  1. prep

    Indica termo ou límite ao que se chega no espacio, no tempo, na acción e na cantidade. OBS: Ata non sempre pode ser substituída por deica, porque esta última partícula precisa sempre o punto de partida.

    Ex: Os berros chegaban ata o val. Vou quedar ata mañá. Come ata que te fartes. Sei contar ata cen.

    Confrontacións: deica.
  2. adv

    Partícula que se emprega para expresar con énfase que se inclúe na afirmación o que se cita.

    Ex: Fíxate se será feo que ata os nenos se asustan ó velo.

    Sinónimos: aínda, inclusive, incluso, aínda.
  3. ata logo

    Saúdo de despedida.

Frases feitas

  • Ata a médula dos ósos. Ata o máis íntimo.

  • Ata máis non poder. Ata o grao máis alto de aguante.

  • Verse ata o nó da gorxa. Verse en apuros.

Palabras veciñas

AT | at* | 1 ata | 2 ata | Ata, Tito Quinto | atabacado -da | atabal