Ataúlfo

Ataúlfo

Rei dos visigodos (410-415). Sucesor de Alarico I, accedeu ao trono contra os anos 410-411, durante o período no que os visigodos quedaron en Calabria. Dende alí dirixiuse cara ao N de Italia e Francia, ocupando a Provenza e Aquitania. No ano 414 estableceuse en Narbona, onde casou con Gala Placidia, filla do Emperador romano de orixe galaica Teodosio o Grande ao igual que o seu irmán Honorio, Emperador do Imperio Romano de Occidente, que os visigodos fixeran cativa. Dende este momento Ataúlfo tentou acadar a amizade dos romanos, pero a resposta destes foi o bloqueo dos portos da Narbonense. Acurralado, Ataúlfo pasou os Pireneos no 415 e tomou Barcelona, establecendo nela a súa nova base. Morreu asasinado polos mesmos godos.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Barcelona