Ateca

Ateca

Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, drenado polos ríos Jalón, Manubles e Piedra (2.059 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura e as industrias derivadas dela, fundamentalmente as alimentarias. O principal elemento do seu patrimonio monumental son as ruínas da muralla romana.