Atenágoras

Atenágoras

Patriarca ecuménico de Constantinopla desde 1948. Destacou polos seus esforzos a favor da unidade dos cristiáns: convocou tres conferencias panortodoxas en Rodes (1961, 1963, 1964), onde se debateu a posibilidade dun diálogo coa Igrexa de Roma e a celebración dun futuro sínodo panortodoxo. Atenágoras e Paulo VI anularon as mutuas excomuñóns pronunciadas en 1054 dunha igrexa contra a outra (1965).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tsaraplana, actual Basilicón, Épiro

  • Deceso

    Lugar : Istambul