ático -ca

ático -ca

(< grẢττικός ‘ático’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á Ática ou aos seus habitantes.

  2. adx e s

    Natural ou habitante da Ática.

  3. adx

    Relativo á antiga Ática; por extensión, a Atenas e aos atenienses.

  4. adx

    Dise do estilo literario ou artístico puro, simple e dunha elegancia refinada.

  5. s m [LING]

    Dialecto grego falado en Atenas na época clásica. O ático converteuse en lingua literaria na época da hexemonía ateniense (ss V-IV a C); sendo dende entón o dialecto propio dos xéneros literarios tipicamente atenienses: a traxedia, a comedia e, sobre todo, a retórica.

  6. cerámica ática [ARTESAN/ARQUEOL]

    Cerámica elaborada na Ática da Antigüidade. Os exemplares máis antigos teñen unha decoración xeométrica; é o denominado estilo xeométrico (900-700 a C), que triunfou nas cerámicas do Dípilon, así chamadas por telas atopado en gran número no camposanto homónimo (o tema máis propio delas é o funeral). A mediados do s VIII mudou o carácter das representacións, que se volveron naturalistas. No s VII comezou a exportación de vasos pintados en negro sobre arxila clara, que constituíron a transición ao grande estilo ático, de figuras negras sobre fondos vermellos, realizadas por artistas como Ergótimos e Clitias -que traballaron conxuntamente, como ceramista e pintor respectivamente, na crátera de volutas máis antiga que se coñece-. Cara ao 530 este tipo de cerámica foi substituído polo de figuras vermellas sobre fondo negro. O máximo esplendor das cerámicas áticas corresponde ao s VI (Nicóstenes) e á primeira metade do V (Epíctetos, Eufronios). No s IV dominou a policromía na decoración cerámica. Durante o Helenismo volveuse ao gusto polas representacións de carácter xeométrico. En moitos casos, sobre todo nos períodos de exportación importante, a produción de cerámicas áticas foi obra de talleres, polo que se ignora cál era a dedicación -oleiro ou pintor- de moitos dos artesáns e artistas que realizaron cerámicas áticas, sendo moi probable que na maior parte dos casos realizasen ambos cometidos ou que os alternasen nas súas producións. Pola importancia que as exportacións de olería ática tiveron durante longos períodos, e grazas aos completos estudios que delas se teñen feito, é un material arqueolóxico moi apto como resto director para a datación de xacementos de toda a Antigüidade mediterránea, atopándose mesmo en lugares moi afastados deste ámbito.

  7. fase ática [XEOG]

    Fase tectónica do ciclo neoalpino.

Palabras veciñas

aticismo | aticista | ático | ático -ca | atigrado -da | Atila | Atila