ático

ático

(< gr Ảττικός‘ático’)

  1. s m [ANAT]

    Parte superior da caixa do tímpano, onde se aloxan a cabeza do martelo e a bigornia.

  2. s m [CONSTR/DEC]
    1. Derradeira planta ou piso elevado dun edificio de menor altura ca os restantes e algo retranqueado con respecto á liña de fachada. Está situado sobre a cornixa e acostuma coroar a fachada.

    2. Corpo decorativo sobre a cornixa dun edificio para disimular o arranque das augas do tellado.

    3. Corpo superior central dun retablo cando este se eleva por riba do resto.

Palabras veciñas

Ática | aticismo | aticista | ático | ático -ca | atigrado -da | Atila