Aton
Aton
Eclesiástico xermánico. Abade de Reichenau (888-913), arcebispo de Maguncia (891-913), chanceler do Imperio Xermánico, foi conselleiro do Emperador Arnulfo e titor de Luís IV. Rematado o goberno dos carolinxios á morte de Luís IV (911), contribuíu a manter a unidade do Reino e interveu na elección de Conrado I, que el coroou.