atracar

atracar

(

  1. v t

    Atacar algo ou a alguén obrigándoo a dar o que se lle manda, xeralmente coa axuda dunha arma.

    Ex: Atracáronme onte e leváronme dez mil pesetas. Atracaron o banco hoxe ó mediodía.

    Sinónimos: asaltar.
  2. v t

    Colocar unha embarcación ao lado dun peirao, cargador ou ribeira, ou doutra embarcación xa amarrada á terra. Para atracar empréganse, ademais da metade da propulsión do barco, as amarras atadas ás bitas, ás veces as áncoras e, a miúdo, algún remolcador.

    Ex: O cargueiro atracou no peirao por unha urxencia mecánica.

    Antónimos: desatracar. Confrontacións: abordar.
  3. v i

    Chegar á terra unha embarcación.

    Ex: O trasatlántico atracou no porto tras un mes de navegación.

    Confrontacións: abordar, arribar.
  4. v pron

    Fartarse de comida.

    Ex: Atraqueime de torta de chocolate.

  5. v t [ETN]

    ocábulo empregado na zona de Cambados para denominar a práctica de certas especies de peixes, fundamentalmente a sardiña, de dirixirse cara á costa ou ao interior das rías, xeralmente ao anoitecer (ó mencer abandonan as rías, acción que se denomina desatracar).

Palabras veciñas

atracada | atracadoiro | atracador -ra | atracar | atracción | atraco | atractivo -va
Conxugar
VERBO atracar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atraco
atracas
atraca
atracamos
atracades
atracan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracaba
atracabas
atracaba
atracabamos
atracabades
atracaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atraquei
atracaches
atracou
atracamos
atracastes
atracaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracara
atracaras
atracara
atracaramos
atracarades
atracaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracarei
atracarás
atracará
atracaremos
atracaredes
atracarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracaría
atracarías
atracaría
atracariamos
atracariades
atracarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atraque
atraques
atraque
atraquemos
atraquedes
atraquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracase
atracases
atracase
atracasemos
atracasedes
atracasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracar
atracares
atracar
atracarmos
atracardes
atracaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
atraca
-
-
atracade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atracar
atracares
atracar
atracarmos
atracardes
atracaren
Xerundio atracando
Participio atracado
atracada
atracados
atracadas