atracción
(
-
s
f
Acción e efecto de atraer.
Ex: Sentía unha forte atracción polas situacións de perigo.
-
[FÍS]
-
s
f
Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.
-
lei da atracción universal
Lei establecida por Newton, tamén coñecida como lei da gravitación universal, que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación) que leva a dirección da recta que une os dous puntos.
-
s
f
-
[ESPECT]
-
s
f
En circo e en variedades, cada unha das diversas partes do espectáculo consistente en baile, xogos malabares, xogos de maxia, acrobacia, música, pantomima, domesticación de animais, etc.
Ex: Os nenos quedaron sorprendidos coas atraccións do circo. A sala de festas contratou unha atracción para a festa de fin de ano.
Confrontacións: diversión. -
atracción de feira
Máquina ou xogo que serve para divertir a xente.
Ex: Subín en todas as atraccións da feira.
Confrontacións: diversión. -
parque de atraccións
parque de atraccións.
-
s
f
-
s
f
Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.
Ex: As fermosas praias das Rías Baixas son a grande atracción para os turistas. Aquel inesperado espectáculo era a atracción da festa.
-
[LING]
-
s
f
Fenómeno polo que, nunha frase ou nunha proposición, unha palabra ten tendencia a ser asimilada morfoloxicamente a outra, cando ambas as dúas teñen unha relación sintáctica. A palabra que se asimila concorda en xénero, en número, en caso ou en modo co que provoca a atracción. En O meu irmán e as miñas irmás son altas, o adxectivo concorda co substantivo feminino que acompaña.
-
atracción afectiva
Nome dado por Sperber ao uso especial que se fai de certas palabras co fin de evitar as que semanticamente corresponden ao concepto. Así, en galego, diabo por demo.
-
atracción analóxica
É a que coincide coa analoxía, ou ben, con determinadas alteracións que se poden dar nalgunhas palabras, cando se queren acomodar a un modelo morfolóxico máis normal da lingua.
-
atracción inversa [lat: attractio inversa]
No latín, figura que consiste na atracción do antecedente ao caso do relativo.
Sinónimos: antiptose. -
atracción paronímica
Fenómeno, chamado tamén etimoloxía popular, que se produce cando se quere dar un determinado sentido ás palabras: entón é fácil que se faga unha creación de significado, provocada, xeralmente, por un cambio fonético ou ben semántico.
-
s
f
-
atracción dun son
Fenómeno de tipo metatético no que un fonema átono se despraza ata colocarse á beira doutro tónico, para determinar un grupo fonemático normativo, dentro da evolución dunha lingua. A palabra xénero, que provén do latín vulgar genariu, só se explica presupondo un estado intermedio de atracción *genairu.
-
atracción local
[MAR]
Cambio brusco de dirección das liñas isóxenas que se produce en determinados lugares próximos a formacións xeolóxicas de certos minerais metálicos a causa da acción magnética destas. Ás veces ocasiona variacións importantes da declinación magnética, para a que este feito está especificado nos portolanos e nas cartas náuticas.
Refráns
- O lume, a cama e o amor non din: ¡Vaite ao teu labor!
- Vai o ben ao ben e o mal queda para que n o ten.
- Vaise o ben ao ben e as abellas ao mel.
- Xa está feita a metá, porque anque ela non queira, eu quera xa.