Auer, John H.

Auer, John H.

Realizador cinematográfico. Foi autor de numerosas películas cun estilo fóra do cine común que prevalecía na época, amais de gran dominador dos movementos da cámara. Trasladouse de México a Hollywood, onde rematou a súa carreira cinematográfica. Dirixiu Life for another (1934), The crime of Dr. Crespi (1935), A man betrayed (1936), Music in Manhattan (1944), The avengers (1950), The city that never sleeps (1953) e Johnny trouble (1958).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Budapest

  • Deceso

    Lugar : EE UU