Auer von Welsbach, Carl

Auer von Welsbach, Carl

Químico austríaco. Investigou as terras raras e descompuxo o didimio nos seus compoñentes neodimio e praseodimio. Paralelamente ao químico Urbain, separou as mesturas de lutecio e de iterbio. Ideou, para a iluminación de gas, a camisa de óxido de torio e introduciu o filamento de osmio e de tungsteno nas lámpadas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Castelo de Welsbach, Carintia