augador
augador
(< auga)
s
m
Persoa que exercía o oficio de levar auga ás casas. Posuía certos dereitos nas fontes ou mananciais onde enchía o seu cántaro. O oficio de augador, de moita importancia e presenza social fundamentalmente no sur da Península Ibérica durante a Idade Moderna, adoitaba ser exercido por galegos e asturianos. É ben coñecido o óleo de Velázquez chamado El Aguador. Aínda segue a ser unha práctica cotiá nos países máis secos e cun insuficiente sistema público de canalización de augas.