augado -da
augado -da
(< auga)
-
p reg
de augar.
-
adx
Preparación que contén parte de auga. Adquire significado de adulterado cando se refire ao viño.
Ex: O viño que trouxeches está augado.
-
adx
Aplícase a aquilo que non cumpre as expectativas formadas anticipadamente.
Ex: A voda do noso curmán resultou augada pola presenza daquelas persoas.