augada

augada

(< auga)

  1. s f

    Lugar onde hai auga potable.

    Ex: Faltaba só unha hora ata a augada, pero os cabalos morrían de sede.

  2. s f [MAR]
    1. Cantidade de auga que leva un barco para o consumo da tripulación e dos pasaxeiros.

    2. Lugar onde un barco pode proverse de auga potable.

  3. s f [PINT]

    Técnica pictórica que consiste en disolver as cores en auga. Tamén recibe o nome de gouache. A diferenza da acuarela usa o branco. De tons opacos, foi moi utilizada polos miniaturistas medievais.

    Sinónimos: acuarela.
  4. s f [PINT]

    Tinta disolta en auga soa ou con determinados ingredientes como goma, mel ou semellantes.

  5. s f [TRANSP]

    Provisión de auga que leva o ténder para alimentar a caldeira das locomotoras de vapor.