Auga dos Cebros
Auga dos Cebros
Petroglifo situado no concello de Oia. Compoñen esta estación dous grupos diferentes que representan unha variante local -quizais obra dun mestre-, dos cérvidos máis coñecidos nos petroglifos galegos: trátase dun cérvido de pequeno tamaño moi esquemático. Xunto a esta variante pódense atopar tamén outros tipos de cérvidos e, sobre todo, unha das serpes mellor coñecidas -xunto coa da Pedra da Boullosa-, do corpo de petroglifos galaicos.