augur
augur
(< lat augur -ūris)
s
m
[HIST/RELIX]
Sacerdote de Etruria e de Roma especializado na interpretación da vontade divina observando o voo e o canto dos paxaros. Interviña nas fundacións de templos e cidades. Antes de calquera decisión importante, os dirixentes tanto civís como militares habían de consultar o augur, que indicaba se era favorable ou non a acción a realizar.