áulico -ca

áulico -ca

(

  1. adx

    Que pertence á corte ou ao palacio.

  2. literatura aúlica [LIT]

    Modalidade literaria desenvolvida ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII que se caracteriza pola adulación ou a hipérbole encomiástica dalgún poderoso ou mecenas que protexe ou patrocina o escritor. A literatura aúlica aparece en formas como o panexírico, o epitalamio, o eloxio ou o epicedio.

Palabras veciñas

Auld, William | Aulén, Gustaf | Aulenti, Gae | áulico -ca | Áulida | Aulnay-sous-Bois | aulo