áulico -ca
áulico -ca
(
-
adx
Que pertence á corte ou ao palacio.
-
literatura aúlica
[LIT]
Modalidade literaria desenvolvida ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII que se caracteriza pola adulación ou a hipérbole encomiástica dalgún poderoso ou mecenas que protexe ou patrocina o escritor. A literatura aúlica aparece en formas como o panexírico, o epitalamio, o eloxio ou o epicedio.