auricalcita

auricalcita

(

s f [MINERAL]

Carbonato básico de cobre e zinc, de fórmula (Zn, Cu)5(OH)6(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, facendo agregados de cristais aciculares. É de cor verde ou azul claro, translúcido e de brillo nacarado. Ten exfoliación perfecta, dureza 2 e peso específico 4,2. Encóntrase en incrustacións sobre minerais de zinc e de cobre oxidados.

Palabras veciñas

Auriabella | Auric, Georges | áurica | auricalcita | áurico -ca | aurícula | auriculado -da