aurícula
aurícula
(< lat auricŭla cordis < lat aure‘orella’ + -ula)
-
s
f
[ANAT]
Pavillón da orella.
-
s
f
[ANAT]
-
Cavidade do corpo dos vertebrados que conduce o sangue das veas e que o leva ao ventrículo. Ten as paredes constituídas por tecido muscular, pero non é unha bomba impulsora do sangue tan potente como o ventrículo. Os peixes teñen unha soa aurícula; no resto dos vertebrados queda dividida en dúas por un tabique vertical.
Sinónimos: atrio. -
Cada unha das dúas cavidades do corazón de moitos moluscos. Cada aurícula recibe o sangue dunha parte do corpo.
-
-
s
f
[BOT]
-
Apéndice foliáceo, xeralmente pequeno, de forma semellante a unha orella, situada no pecíolo ou ben na base do limbo da folla ou doutras estruturas vexetais.
-
Lóbulo foliar inferior campaniforme dalgunhas hepáticas.
-