1 auricular

1 auricular

(

  1. adx [ANAT]

    Relativo ou pertencente ao oído ou á orella.

    Ex: Ten problemas no conduto auricular.

    1. adx

      Relativo á audición.

    2. confesión auricular

      Confesión feita ao oído, privadamente.

    3. testemuña auricular

      Testemuña que escoitou a quen falou.

  2. [TECNOL]
    1. s m

      Transdutor electroacústico que transforma un sinal eléctrico en ondas de son e que, a diferenza dun altofalante, se dirixe directamente á orella do oínte. Hai auriculares electrodinámicos (os máis xeneralizados), electromagnéticos, electroestáticos e piezoeléctricos. A resposta de frecuencia dun bo auricular vai dende os 16 aos 22.000 Hz.

    2. s m pl

      Parella de elementos, unidos por unha banda elástica de plástico ou metal, que se adapta aos pavillóns do oínte grazas ao acolchamento que os envolve e á lixeira presión que exerce a banda. Cada un deles recibe unha canle do sinal estereofónico.

      Ex: Puxen os auriculares para escoitar a radio sen molestar a ninguén.

Palabras veciñas

áurico -ca | aurícula | auriculado -da | 1 auricular | 2 auricular | auricularia | Auricularia