aurícula

aurícula

(< lat auricŭla cordis < lat aure‘orella’ + -ula)

  1. s f [ANAT]

    Pavillón da orella.

  2. s f [ANAT]
    1. Cavidade do corpo dos vertebrados que conduce o sangue das veas e que o leva ao ventrículo. Ten as paredes constituídas por tecido muscular, pero non é unha bomba impulsora do sangue tan potente como o ventrículo. Os peixes teñen unha soa aurícula; no resto dos vertebrados queda dividida en dúas por un tabique vertical.

      Sinónimos: atrio.
    2. Cada unha das dúas cavidades do corazón de moitos moluscos. Cada aurícula recibe o sangue dunha parte do corpo.

  3. s f [BOT]
    1. Apéndice foliáceo, xeralmente pequeno, de forma semellante a unha orella, situada no pecíolo ou ben na base do limbo da folla ou doutras estruturas vexetais.

    2. Lóbulo foliar inferior campaniforme dalgunhas hepáticas.

Palabras veciñas

áurica | auricalcita | áurico -ca | aurícula | auriculado -da | 1 auricular | 2 auricular