auspicio
auspicio
(
-
s
m
[HIST]
Prognóstico feito polos augures a partir da observación do voo dos paxaros ou da forma en que comían o gran.
Ex: Os romanos consultaban os auspicios para coñecer a vontade dos deuses.
Sinónimos: presaxio. Confrontacións: agoiro, augurio. -
s
m pl
Sinais que fan presentir o desenvolvemento favorable ou non dun acontecemento.
Ex: Os malos auspicios cos que comezamos a viaxe fixéronnos dubidar do éxito da empresa.
Sinónimos: augurio, presaxio. Confrontacións: agoiro.
Frases feitas
-
Baixo os auspicios de. loc prep. Coa recomendación ou protección de.