auspicio

auspicio

(

  1. s m [HIST]

    Prognóstico feito polos augures a partir da observación do voo dos paxaros ou da forma en que comían o gran.

    Ex: Os romanos consultaban os auspicios para coñecer a vontade dos deuses.

    Sinónimos: presaxio. Confrontacións: agoiro, augurio.
  2. s m pl

    Sinais que fan presentir o desenvolvemento favorable ou non dun acontecemento.

    Ex: Os malos auspicios cos que comezamos a viaxe fixéronnos dubidar do éxito da empresa.

    Sinónimos: augurio, presaxio. Confrontacións: agoiro.

Frases feitas

  • Baixo os auspicios de. loc prep. Coa recomendación ou protección de.

Palabras veciñas

Ausoniana | auspiciado -da | auspiciar | auspicio | Aust-Agder | austempering* | Austen, Jane