agoiro

agoiro

(

  1. s m

    Acción e efecto de agoirar.

    Sinónimos: augurio, auspicio, presaxio, vaticinio.
  2. s m

    Presaxio de acontecementos futuros, xeralmente catastróficos, a través de certos sinais e indicios, feito xeralmente por un augur.

    Ex: Disque a curuxa é unha ave de mal agoiro. Paxaro calado non fai mal agoiro.

    Sinónimos: augurio, auspicio, presaxio, prognóstico.
  3. s m

    Persoa que fai ou di algo insistentemente e que pola súa maneira de ser resulta molesta.

    Ex: Este home é un agoiro, non di ningunha cousa positiva.

    Sinónimos: atafegante.

Refráns

  • Paxaro calado non fai mal agoiro.