prognóstico

prognóstico

(< lat prognostĭcu

  1. s m

    Acción de prognosticar

  2. s m

    Conxectura ou anuncio dunha cousa que ha de acontecer a partir de certos sinais ou indicios.

    Confrontacións: presaxio.
  3. s m

    Sinal polo que se conxectura un acontecemento futuro.

    Confrontacións: presaxio.
  4. s m [MED]

    Xuízo máis ou menos hipotético polo que o médico prevé o curso e o final dunha doenza e todas as eventualidades posibles.

    Sinónimos: prognose.
  5. prognóstico reservado [MED]

    Forma de prognóstico que realiza o médico cando aínda non ten datos do alcance dunha lesión ou enfermidade.

Formas incorrectas

pronóstico

Palabras veciñas

prógnato -ta | prognose | prognosticar | prognóstico | Progo | progradación | programa